Óscar Senra Gómez

Óscar Senra Gómez

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Socio e MAOS Innovación Social, S. Coop Galega

Considérome multiplataforma e multimodal, como a miña licenciatura en Ciencias Sociais. Así, formei parte de iniciativas culturais e sociais diversas, como Galiza em trânsito, Andaime ou a cooperativa Eirado. Desde 2013 traballo na cooperativa compostelá MAOS Innovación Social, especializada en xestión cultural, etnografía, comunicación, edición e deseño gráfico. Son tamén autor de varios libros.

Algúns proxectos destacados de MAOS nos que participei ou participo son:

- Festival Rosalía (Deputación da Coruña)
- Youtubeiras (diversas entidades)
- A Memoria das Mulleres (Concello de Pontevedra)
- CompostelaLiteraria.gal (Concello de Santiago)
- CompostelaFilmada.gal (Concello de Santiago)
- A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga (Deputación da Coruña, Rede da GaliLusofonia)
- Arrolos de Rianxo (Concello de Rianxo)
- Poesía e deporte (Concello de Pontevedra)
- Mapa literario de Pontevedra (Concello de Pontevedra)
- Exposición polo centenario das Irmandades da Fala (Concello de Santiago)
- Múltiples paseos literarios e históricos para o Concello de Santiago

 
MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR: https://maos.gal/

CONTACTO:  oscar@maos.gal

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar